Boicot no Festival de Pardiñas (Guitiriz)

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) amosa o profundo rexeitamento ó boicot sufrido no Festival de Pardiñas de Guitiriz cara o grupo ruso chamado Dobranotch, que interpreta música Klezner e folclore tradicional xudeu.

Parte do público asistente intimidou a esta banda musical ata o punto de proceder á cancelación por motivos de seguridade da organización do evento. O grupo actuara o pasado ano en Israel.

Lamenta AGAI que se opte por políticas de cancelación, derivadas da intolerancia e odio, e se avogue pola proclama Free Palestine, desde o río ata o mar, coa finalidade última de aniquilar a Israel, obxectivo que perseguen grupos terroristas criminais como Hamás e Hizbulá.

Outros post que che poden interesar