Boas Tanxugueiras. Antes de nada , encantoume o voso concerto en Lugo onte. Magnífico. Pero é outra a razón pola que escribo: Había unha bandeira palestina no público, unha soa, ben visible. Dixestes «Palestina Libre» e algo do «xenocidio». Moi complexo todo para resumilo. Pero un par de apuntes; primeiro, nunha Free Palestine, non poderíades levar a cabo unha posta de escena con esa indumentaria, sobre todo a das xemelgas. Non habería concerto, para empezar, e de habelo, acabariades en prisión, sobre todo cando sacastes a bandeira LGTBI. Segundo, pasadomañá cúmprense dous anos dos ataques de Hamás en territorio israelí. Entre as vítimas, entorno a 240 -a maioría moi novos- que se divertían nun festival de música, si, de música. Soamente estaban alí para bailar. É unha mágoa que en ningún destes eventos que se celebraron por Galicia adiante -insisto, nesa Free Palestine nunca terían lugar-, non escoitei a máis mínima alusión a eses rapaces asasinados no festival nova e os máis de 40 secuestrados. Nada de nada.
En terceiro lugar, nesa Free Palestine, que destino terían os oito millóns de xudeus?. Celebraríase o día do orgullo gai en Tel-Aviv?.
Vémonos no seguinte. Moita sorte e a seguir espallando a música galega e en galego.

