Carta ó Alcalde de Ribadavia

A/A Alcalde-Presidente do Concello de Ribadavia

        Estimado señor Fernández Gil:

        Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.), diríxomos a vostede para achegarlle os merecidos parabéns pola súa elección como presidente da Rede de Xuderías de España, desexándolle un mandato cheo de éxitos.

        Aproveitamos a ocasión para, desde a xunta directiva actual da asociación, amosarlle o noso apoio, agardando poder colaborar con vostede para a realización de actividades  e actuacións que puidesen resultar de interese.

A.G.A.I. naceu hai case vinte anos, sendo formado por persoas de diferentes ideoloxías, credos e procedencia. Entres os principios fundacionais están os seguintes:

.- Espallar o inmenso legado ético e cultural do pobo xudeo polo que todo Occidente segue en débeda con eles.

.- Rehabilitar o pasado histórico dos xudeos no noso País para que ocupen o lugar que lles corresponde na sociedade galega actual.

        Reiterándolle a nosa felicitación e poñéndonos á súa disposición, reciba un cordial saúdo. Atentamente

Galicia, na data abaixo sinalada

Asdo.: Pablo Veiga

Presidente A.G.A.I.

Teléfono:610 424174     Web:www.amizadeconisrael.com  E-mail: info@amizadeconisrael.org

Outros post que che poden interesar