Á atención do Subdelegado do Goberno en Ourense
Estimado señor Santos:
O vindeiro xoves, día tres do presente mes de decembro, está prevista a celebración dun acto na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense, no cal participará Fayez Badawi en representación da Frente Popular para a Liberación de Palestina -F.P.L.P.-. A mencionada actividade, titulada “Soberanía e loita antiimperialista. Palestina e Galiza”, está organizada por Galiza Nova, organización xuvenil vinculada ó BNG.
A Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.) diríxese á Subdelegación de Goberno para manifestar o rexeitamento á presenza dun membro da F.P.L.P. nunha facultade universitaria para ofrecer unha conferencia, xa que dita organización está considerada como grupo terrorista pola Unión Europea e forma parte do chamado “Eixo da resistencia”, onde se poden atopar outras organización e reximes totalitarios como Irán, Hizbulá ou Hamás.
Entendemos, polo tanto, que a mencionada actividade non debería ter lugar. A Frente Popular para a Liberación de Palestina e o ponente, Fayez Badawi, avogan pola aniquilación e destrución do estado de Israel, apoiando e alentando accións de salvaxe terrorismo contra poboación civil, tendo como exemplo máis significativo o acontecido o sete de outubro de hai dous anos, onde desde Gaza ingresaron en territorio israelí centos de criminais de Hamás e atacaron asistentes dun festival de música, irromperon en comunidades nas que non dubidaron en executar a familias enteiras, persoas de tódalas idades, que causaron mil dous centos mortos, así como o secuestro de máis de dúas centas persoas, dando comezo á guerra que finalizou o pasado mes de outubro.
Consideramos que desde a Universidade non teñen cabida accións que supoñan unha nada disimulada apoloxía do terrorismo e do odio.
Asociación Galega de Amizade con Israel
Tel.: 610 42 41 74

