COMUNICADO DE AGAI E A COMUNIDADE XUDÍA DE GALICIA EN RELACIÓN Á PLACA “POLO DEREITO Á RESISTENCIA E AO RETORNO DO POBO PALESTINO” NA ALAMEDA DE SANTIAGO
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel e a Comunidade Xudia de Galicia, queremos manifestar o noso fondo disgusto e rechazo ás facilidades outorgadas polo Concello de Santiago para que organizacións extremistas nominalmente de okupas, independentistas, antirrepresivos e antiisraelís, colocasen unha placa nun lugar emblemático e común de todos os cidadáns de todas as ideas, como é a Alameda de Santiago, cun lema apoiando, de facto, ao grupo terrorista Hamás. O pasado día 15 de maio, inaugurouse esa placa cuxo texto di : “Polo dereito á resistencia e ao retorno do pobo palestino”. Pero hoxe por hoxe, nas actuais circunstancias, non ten máis interpretación posible que o posicionamento belixerante en favor dos terroristas islamitas que o pasado día 7 de outubro cometeron o masacre máis importante desde o ataque ás Torres Xemelgas co asasinato de máis de 1200 persoas e o secuestro de varios centos, moitos deles aínda retidos polos seus captores.
Desexamos que esta guerra horrible finalice canto antes coa liberación dos reféns e a eliminación da dirixencia terrorista de Hamás, que, lembremos, foi quen iniciou esta guerra absolutamente consciente do sufrimento que traería para o seu pobo. Só así se poderá iniciar un camiño que conduza á paz e á convivencia pacífica entre ambas comunidades.
Non acabamos de entender como nun país como este que sufriu no pasado próximo os atentados dos trens de Atocha, o do centro Español de Casablanca, de Barcelona e Cabrils, se poida permitir unha colocación dunha placa como esta nun terreo municipal.
O problema existente entre Israel e Palestina é suficientemente grave, complicado e importante, como para tomalo con simpleza e deixarse acompañar e dirixir por extremistas.
Cremos que un concello como o de Santiago, pola súa significación histórica, debería estar chamado a promover a cultura da reflexión, do diálogo, da paz, do encontro e da convivencia, que sabemos ben complicado nas terribles circunstancias actuais.
Pero o posicionamento de parte, só contribúe a promover o clima de antisemitismo que se esparexe de novo polo mundo dunha forma tráxica e perigosa para a liberdade e convivencia mundial.
Santiago, 4 de xuño, 2024
.
Su título va aquí
Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.