Comunicado de AGAI en rexeitamento aos ataques terroristas contra Israel

Ante os brutais ataques terroristas perpetrados nas últimas horas e días contra a poboación civil de Israel por parte do grupo Hamás, en AGAI, a Asociación Galega de Amizade con Israel, sentimos empuxados a emitir este comunicado:

‘Desde AGAI (Asociación Galega de Amizade con Israel) condenamos os ataques terroristas con mísiles que se iniciaron esta madrugada desde Gaza cara a Israel. A nosa repulsa absoluta aos ataques civís e os secuestros producidos nas cidades de Israel. Estes secuestros, en moitos casos de civís, mostran con claridade o grao de odio cara ao Estado de Israel por parte das organizacións terroristas como Hamas, e evidencian que o único obxectivo dos seus dirixentes é a total destrución do único estado democrático da rexión.

Desde AGAI queremos expresar a nosa solidariedade coas vítimas destes actos de violencia e odio perpetrados por milicias de Hamas e o noso apoio a Israel no seu lexítimo dereito a defenderse de quen busca a súa destrución.

Convidamos ás máximas autoridades europeas, ao Goberno español, Comunidades Autónomas e sociedade civil a manifestar o seu total rexeitamento e condena a estes actos terroristas’.

Outros post que che poden interesar