Comunicado de AGAI: “Israel e España: dos enigmas’, unha analoxía inxusta e disparatada

Consideramos o artigo do señor Xosé Luis Barreiro publicado nun xornal de Galicia o pasado 16 de setembro, baixo o título ‘Israel y España: dos enigmas’, inxusto, inexacto e cheo de prexuízos. Como asociación, apoiamos o debate de ideas, pero rexeitamos o insulto e o menosprezo nas súas palabras. Este é o noso comunicado en resposta:

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL

“ISRAEL E ESPAÑA: DOS ENIGMAS”, UNHA ANALOXÍA INXUSTA E  DISPARATADA

Santiago de Compostela, 18/09/2023

Como membros dunha Asociación que se asume “galega e de amigos de Israel” debemos  exercer de tales e responder ás ideas vertidas polo señor Xosé Luis Barreiro nunha  columna publicada nun xornal de Galicia o pasado 16 de setembro, baixo o título ‘Israel  y España: dos enigmas’, pois considerámola inxusta, inexacta e chea de prexuízos.

É difícil cualificar, como el fai, o Estado de Israel como “artificial e injusto”, pois todo  estado é unha construción artificial e este, fundado en 1948 co amparo da ONU – preexistente, por certo, á inmensa maioría dos 195 estados actuais do mundo– nace co  recoñecemento de todas as democracias do momento. Afirmar que se compuxo con  “trazas xenófobas y amnésicas” é sorprendente e inxusto. Na declaración de  Independencia, de 1947, hai varios artigos no que se exhorta á convivencia pacífica. O  seu parágrafo 3, sinala: [Israel] asegurará a completa igualdade de dereitos políticos e  sociais a todos os seus habitantes sen diferenza de credo, raza ou sexo; garantirá a  liberdade de culto, conciencia, idioma, educación e cultura salvagardará os Lugares  Santos de todas as relixións; e será fiel ós principios da Carta das Nacións Unidas”. E  segue un par de parágrafos máis adiante: “Exhortamos […] aos habitantes árabes do  Estado de Israel a manter a paz e participar na construción do Estado sobre a base de  plenos dereitos civís e dunha representación adecuada en todas as súas institucións  provisionais e permanentes”.

E a pesar do acoso a que se viu sometido desde a súa fundación -o de “hemiplégico”,  “apartheid”, “miña xoias que mueven a la compasión” son insultos fáciles, dolorosos e  falsos- a pesar de todo, mantén ese recoñecemento de dereitos a ese vinte por cento  de poboación árabe -cerca de dous millóns de persoas- que vive dentro das súas  fronteiras e que teñen, por exemplo, os seus representantes no único Parlamento  democrático normalizado de Oriente Próximo.

A liberdade de expresión é un ben sagrado, e así, milleiros de israelís, libre e  democraticamente maniféstanse polo que xulgan un ataque á división de poderes que,  como en toda democracia, sustenta o Estado. Pero o tema da súa organización xurídico

política só os incumbe a eles, como o da organización xurídico política do Estado Español  a nós. Calquera analoxía de situacións por hiperbólica é falsa. Nada que ver os distintos  escenarios, problemáticas, e a evidente distancia entre unha situación de ameaza  exterior permanente na que vive Israel e a de España, onde hai só un parcial  cuestionamento interno.

O debate de ideas e o diálogo anímanos como asociación, pero non a pura  descalificación, o insulto e o menosprezo a un Estado que en sus 72 años de vida  conseguiu crear unha sociedade avanzada, cultura, diversa e cuxas minorías étnicas e  liberdades persoais, civís e relixiosas están garantidas por lei. Animamos ao profesor  Barreiro, e a todos os galegos que dubidan, a que visiten e se informen sobre Israel sen  prexuízos.

Nunha democracia, a liberdade de opinión é fundamental, por iso, nos comprace  expresar a nosa, cun xuízo e valoración moi distinta á expresada nos insultos do Señor  Barreiros no desafortunado artigo. Os lectores e a cidadanía de Galicia, valorarán.

Xunta Directiva

Outros post que che poden interesar