Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) queremos manifestar a nosa repulsa o feito de colocar unha bandeira de Palestina no balcón da Casa do Concello de Lugo. Polos seguintes motivos:
- A bandeira pode levar a pensar que a institución que representa a todos os lugueses e luguesas toma partido claramente por unha das dúas partes en conflicto na guerra entre Israel e Hamás.
- A decisión tómase nun momento en que se está a espera da toma de posesión da nova alcaldesa, é decir, o grupo minoritario -que ocupa a alcaldía temporalmente- aproveita esa sorte de baleiro de poder para tomar unha decisión que compromete a imaxe da institución.
- Este tipo de “iniciativas” só serven para botar leña o lume dun conflicto alleo o concello de Lugo e no que, como mínimo, habería que manter a neutralidade.
- Unha decisión dese tipo tería que ser levada a pleno para que os representantes de todos os veciños e veciñas puideran votar sobre a súa conveniencia ou inconveniencia.
- Ogrupo do BNG no concello de Lugo debera aprender do clube de baloncesto da cidade, que prohibiu a exhibición de calquera tipo de símbolo político na recente visita do equipo israelí Hapoel Holon a Lugo.
Por todo esto, reclamamos a inmediata retirada desa bandeira do balcón e de calquera espazo público e que se dean, por parte dos promotores de tan desafortunada idea as explicacións e desculpas pertinentes.