Lembranza 7 Outubro

En lembranza das vítimas dos ataques terroristas o 07/10/2023

            Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.), amosamos a nosa solidariedade e afecto coas vítimas da despiadada e criminal acción levada a cabo polo grupo terrorista Hamás contra a poboción israelí, acontecida hai tres anos.

            Consecuencia da mesma, máis de mil dúas centas persoas foron asesinadas, a inmensa maioría civís de tódalas idades. Hamás irrompeu desde Gaza a  territorio isarelí, atacando poboacións, postos militares e ata asistentes ó Festival Nova -neste último, 364 foron salvaxemente asesinados-. Varios milleiros de terroristas dedicáronse a matar durante horas a familias enteiras nas súas propias casas, a pais diante dos seus fillos e a fillos diante dos seus pais; cometéronse actos de extrema violencia contra mulleres e foron secuestradas máis de dúas centas cincuenta persoas.

            Nunha xornada marcada pola dor, AGAI lembra a todas aquelas vítimas, e reafrimando o dereito de Israel a existir e a defenderse dos que queren aniquilalo.

Galicia, a sete de outubro de dous mil vinte e seis.  

Tlf:  610424174     Mail.: info@amizadeconisrael.org   Web: https://amizadeconisrael.org

Outros post que che poden interesar