Para a alcaldesa de Compostela as vítimas israelis non existen

A ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL remitiu unha carta á alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, acusándoa de ignorar de xeito deliberado ás mulleres israelís violadas e asasinadas, así como ás 19 mulleres secuestradas desde hai 5 meses polos terroristas de Hamás. No acto que tivo lugar no Auditorio de Galicia o pasado 7de marzo para conmemorar o 8M, só as mulleres palestinas foron mencionadas e homenaxeadas, esquecendo intencionadamente ás víctimas israelís, como se estas mulleres non existesen ou non tivesen dereito a ser sembradas no Día Internacional da Muller.

A carta tamén foi remitida aos outros grupos políticos do concello xunto a listaxe das 19 mulleras israelís que ainda continúan nas mans dos terroristas palestinos. A continuación o texto íntegro da carta:

Estimada alcaldesa,

Onte asistimos ao acto organizado polo teu Goberno municipal con motivo da celebración do 8 de marzo, Dia Internacional da Muller.

Parécenos lamentable -como xunta directiva de AGAI- que se renda homenaxe ás mulleres palestinas vítimas da guerra en Gaza e se esqueza de maneira deliberada ás mulleres israelís violadas, torturadas e asasinadas por Hamas o pasado 7 de outubro.

Igual de inmoral é que se ignore ás 19 mulleres que seguen secuestradas pola organización terrorista dende hai xa 5 meses (achégoche a listaxe).

Por todo iso facémosche chegar nosa mais tallante repulsa diante dun acto de discriminación e de carácter claramente antisemita. A nosa repulsa tamén á utilización do Concello de Santiago de xeito tan partidista e sectario.

Santiago de Compostela, 8 marzo 2024

Xunta Directiva
AGAI (Asociación Galega de Amizade con Israel)

Outros post que che poden interesar