Na biblioteca pública Nós, en Ourense, de titularidade autonómica, expóñense unhas fotografías onde se dá publicidade ó movemento do BDS. Visualízanse nun lugar destacado, facendo propio o eslogan «Esta organización condena o xenocidio en Gaza» , entendendo por organización a mesma biblioteca e por derivación, unha institución pública.
A Asociación Galega de Amizade con Israel (A.G.A.I.) mostróuselle á Consellería de Cultura o malestar por este tipo de carteis, fóra de lugar nunha biblioteca pública, auspiciados por un movemento como o BDS que impulsa o boicot a todo o que teña minimamente que ver con Israel, avalando a súa total aniquilación.
Por iso, conminamos a que eses carteis sexan retirados.


